Red social de Arqueologos e Historiadores
Foto: Os petróglifos son do tipo denominado coviña ou cazoleta, moi común en toda Galicia. Alfonso Campos
Vía: La Voz de Galicia | Francisco Albo | 6 de octubre de 2011
O patrimonio arqueolóxico do municipio de Pantón acaba de verse incrementado coa descuberta dun conxunto de petróglifos e unha mámoa na zona coñecida como monte de San Paio, entre as localidades de San Romao de Acedre, Santiago de Cangas e Frontón.
As insculturas foron localizadas por un veciño da zona que examinaba estes terreos para facer os deslindes entre os montes comunais destas parroquias. O achado xa foi comunicado á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para que proceda á sua catalogación.
Os petróglifos están repartidos en varios penedos baixos que afloran na superficie a pouca distancia uns dos outros e son do tipo coñecido como coviñas ou cazoletas, o máis frecuente nos municipios de Pantón e Sober. Algunha destas rochas foi arrancada do solo, presumiblemente hai bastante tempo e coa intención de obter pedra de cantería.
Nas inmediacións dos petróglifos encóntrase unha mámoa que, ao igual que as insculturas, non figuraba ata agora nos inventarios do patrimonio arqueolóxico. O túmulo foi danado parcialmente coa construción dunha pista que se levou a cabo xa hai anos. Esta pista foi ampliada en tempos recentes, co cal aumento lixeiramente o deterioro do xacemento.
O arqueólogo monfortino Iván Álvarez Merayo, que examinou o xacemento en días pasados, considera pouco probable que exista unha relación directa entre os petróglifos e a mámoa a pesar de encontrarse case no mesmo lugar. Ata agora, segundo indica, en ningunha parte de Galicia se encontraron indicios claros dun vínculo entre os petróglifos e os túmulos megalíticos, aínda que nalgúns casos estes elementos poden pertencer aos mesmos períodos da prehistoria recente. A mámoa ten unhas dimensións de tamaño medio -en torno a dezaséis metros de lonxitude- e encádrase nun tipo moi usual en toda Galicia, sen presentar ningunha característica especial.
Etiquetas:
Bienvenido a
Arqueologia, Historia Antigua y Medieval - Terrae Antiqvae
Terrae Antiqvae es una Red Social sin ánimo de lucro. Necesitamos tu apoyo para el mantenimiento del sitio. Apadrina esta Comunidad
Derechos de Autor:
Terrae Antiqvae® is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported License.
Información legal: Terrae Antiqvae® es Marca registrada por José Luis Santos Fernández. Marca nº 2.679.154 - Clase 41, Madrid, España. Reservados todos los Derechos. En Internet desde Julio de 2001.
Normas de la Comunidad (Aviso Legal): Netiqueta - Términos de servicio
© 2024 Creado por José Luis Santos Fernández. Tecnología de