SOBRE A "CAMA DO DEMO" E A ANTIGA TORRE DE ALDÁN

Enlace: Blog Pescudas http://pescuda.blogspot.com.es

Situación do penedo, á esquerda da Casa Torre de Aldán

A beira da carretera que discurre dirección Cangas-Bueu pola costa atópase a Casa Torre de Aldán, pertencente ós Condes de Canalejas, e que actualmente pouco ten que ver coa antiga fortaleza que representaba a notable linaxe dos Aldao. Os Aldao pertencen a un dos linaxes máis importante  de Morrazo, vinculados lexendariamente cos reis suevos, e que foron cabaleiros e ricos homes chegando a desenvolver cargos e dignidades nas Cortes de Castela e León.




Emprazamento do alto do Penedo, co pombal á esquerda e o pazo de Aldán no centro


Ó carón do pazo atópase unha inmensa mole de granito, que nun dos seus extremos conta cunhas escaleiras labradas na pedra que facilitan o acceso a súa parte superior.


Vista frontal do penedo

Pasando ó caron dun antigo pombal accedemos ó alto do penedo, onde o primeiro que destaca é un impresionante sartego que, a primeira vista, parece dunha cronoloxía moi tardía. Cunhas dimensións de 180 x 52 cm, o sartego está completamente labrado no mesmo granito. Ata os anos 1960 o sartego conservaba a súa tapa, ata que unha veciña do lugar a roubou para facer un banco no seu xardín. Agora mesmo estamos seguindo esta infomación, intentando dar coa súa actual ubicación.

Sartego no alto do penedo


A historiografía sitúa a súa orixe, sen moitos datos agás a tipoloxía, nunha cronoloxía altomedieval, máis concretamente na época sueva-xermánica. Mesmo os propios Condes de Aldán falan dela como a tumba do antigo fundador da casa Aldán, que sería un normando vido do norte.


Sen embargo, para os veciños de San Cibrán esta é a "cama do Demo" (ou a "cama do xudeu"), quen ía todolos sábados á procura dunha rapaza da parroquia de San Cibrán para lecer con ela no sartego e, así, ter un fillo cada semana.


A "cama do Demo"


Se cruzamos a carretera e a ponte medieval que cruza o río Orxás, e seguimos a senda que viaxa a súa beira chegamos á leira de Frendoal, antigamente propiedade do condado de Aldán.


Antiga ponte medieval sobre o río Orxás


Alí, atopamos un segundo sartego medieval, dividido pola metade. O curioso nesta ocasión é que o sartego está desubicado e reconvertido en dous bancos, situados preto do pequeno castelo inacabado e construído nos anos 1960 para o lecer dos condes, xunto co campo de críquet.


Sartego medieval reconvertido en banco


De mesma tipoloxía que o anterior, o sartego está totlamente abandoado, chegando incluso a ser utilizado como soporte para facer ás brásas dos asados.


Pequeno castelo inacabado na zona de lecer da leira de Frendoal, co campo de críquet no primeiro plano

Fotograma dun documental de RTVE de 1982, onde se pode ver ó Conde de Aldán practicando o críquet na súa leira de Frendoal


Outra construcción destacada é o vello acueducto de mampostería denominado Arco da Condesa ou Arco dos Mouros que serve para salvar a corrente do río. Este acueducto podería estar relacionado na súa orixe romana coa necesidade de abastecer de auga á máis que probable salazón romana que estaría situada xusto debaixo do propio Pazo de Aldán.


Arco da Condesa


Unha antiga canalización que sería mellorada pola linaxe Aldán en época medieval para o regadío dos númerosos cultivos dos que se abastecía.

Detalle da imbricación entre as pezas da canalización


Se seguimos a canalización dende o Arco da Condesa entre os carballos e eucalitos imos chegando a unha antiga mina, no alto de Frendoal, da que se abastecía o acueducto. Finalmente, a auga chegaría a unha vella estructura que, afectada pola construcción da carretera, agora só é apenas visible, entre a numerosa vexetación, nunha pequena parte.


Percorrido da canalización atravesando o monte


Antiga mina de onde parte a canalización


Pero, voltando ao penedo no que comezamos a pescuda, temos que sinalar uns cruriosos e significativos rebaixes e furados no granito, ao sur do sartego, formando unha estructura rectangular ao longo de todo o penedo. Estas modificacións no penedo servirían para asentar perpiaños e postes, interpretando así que neste outeiro estaría asentada unha antiga construcción. Unha construcción que tería 9,40 metros de longo e 2,5 de ancho.


Rebaixes e furados  no granito


Esta construcción relacionouse, polo feito de estar ubicada paralelamente ó sartego, cunha posible antiga capela cristiá. Sen embargo, o feito de que a súa orientación non sexa a típica do mundo cristiá (Este-Oeste), xa que se orienta de Norte a Sur, e que a tradición popular non lle de un significado cristiá (o contrario, por exemplo, do que sucede có sartego situado na illa de Ons, ó que os illeiros denominaron "Laxe do Crego"), fai pensar en que esta teoría podería non ser a correcta.


Ubicación do sartego (ao sur da estructura), e a continuación dos rebaixes cara o norte.


Máis acertada, ao noso parecer, é a teoría que fai ubicar no alto deste penedo a orixinal e primitiva Torre de Aldán. De todos xeitos, o seguro e que o seu máis detido estudo facilitaría unha definitiva interpretación.

Visitas: 1646

Comentario por Raúl Villanueva el diciembre 3, 2014 a las 10:33pm

Muy interesantes comentarios del Penedo de Aldán (Cangas do Morrazo, Pontevedra).   Le conozco y algo te puedo decir. Sólo un par de apuntes muy rápidos.

Respecto a la ubicación de la primitiva "Torre" de los Aldao, hoy Aldán.   Pienso que sí es muy posible estuviese en lo alto de ese penedo frente el pazo de los Aldán.   Hay indicios y recuerdo que en su momento, yo mismo, había reconocido vestigios estructurales de la misma, hablo de memoria a algo sucedido hace ya bastantes años de esto.   Recuerdo que en su momento había llegado a la conclusión de que estas *estructuras, fundaciones,  pudieran alcanzar unas dimensiones aproximadas de unos 15x15 m.  Hipotético el planteamiento pero con visos de éxito, habría que limpiar e investigar un poquillo.

Te animo a que continues con esta investigación y llegues a buen término.  Es posible.

El sarcófago.  Efectivamente es conocido como "A cama do Demo".   El nombre.  Todo depende de la simpatía que el difunto tuviese entre sus vecinos ya que a no muchos kilómetros de allí conozco uno de factura muy similar, a este de Aldán, al que los lugareños conocen como "A cama do Santo".  Ya vés. Sin mayor importancia.  Este sarcófago no creo de mucha antigüedad y, en mi opinión, posterior a la *destrucción de *torre primitiva de los Aldán.

Suerte con esas investigaciones.

Comentario por Raúl Villanueva el diciembre 5, 2014 a las 2:23pm

....."á máis que probable salazón romana que estaría situada xusto debaixo do propio Pazo de Aldán."

Tienes alguna constancia de esto que comentas?

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Arqueologia, Historia Antigua y Medieval - Terrae Antiqvae para añadir comentarios!

Participar en Arqueologia, Historia Antigua y Medieval - Terrae Antiqvae

TRANSLATE BY GOOGLE

Busca en Terrae Antiqvae

Recibe en tu correo los últimos artículos publicados en Terrae Antiqvae -Boletín Gratuito-

Enter your email:

Courtesy of FeedBurner

 

Donaciones

Terrae Antiqvae es una Red Social sin ánimo de lucro. Necesitamos tu apoyo para el mantenimiento del sitio. Apadrina esta Comunidad 

¡Gracias por tu ayuda!

Contacto con el editor:

Publicidad by Google

 

Lo más visto

Patrocinador: SMO Sistemas

Nuestro Canal de Vídeos en YouTube. ¡Suscríbete!

Síguenos en Redes Sociales: Facebook y Twitter

¡Gracias por visitarnos! ¡Bienvenid@!

Estadísticas desde 12 de noviembre de 2014.

Derechos de Autor:
Licencia de Creative Commons
Terrae Antiqvae® is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported License.

Información legal: Terrae Antiqvae® es Marca registrada por José Luis Santos Fernández. Marca nº 2.679.154 - Clase 41, Madrid, España. Reservados todos los Derechos. En Internet desde Julio de 2001.

Normas de la Comunidad (Aviso Legal):  Netiqueta - Términos de servicio

© 2024   Creado por José Luis Santos Fernández.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más