Fuente: La Voz de Galicia | Francisco Albo | 21 de agosto de 2013

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural catalogará proximamente un conxunto de petróglifos localizado por un veciño no municipio de Carballedo (Lugo), onde ata agora non se inventariara ningunha mostra de arte rupestre prehistórica. Os gravados encóntranse no chamado monte do Fabeiro, no límite entre as parroquias de Veascós e Vilaquinte, e caracterízanse por un deseño complexo a base de círculos concéntricos que os diferencia da maioría dos petróglifos coñecidos ata agora na zona sur da provincia.

Gonzalo Meijide, arqueólogo do mencionado organismo da Xunta -aínda que por agora só examinou os petróglifos mediante algunhas fotografías como a situada á dereita destas liñas-, sinala que os gravados prehistóricos presentan moita similitude con algúns dos que se conservan no municipio de Antas de Ulla. Os deseños deste tipo son bastante comúns na provincia de Pontevedra, pero moi pouco habituais no sur lucense, onde ata hoxe se catalogaron sobre todo figuras dun trazo moi sinxelo, consistentes na maioría das veces en simples buratos. As únicas excepcións coñecidas ata o momento están nas parroquias soberinas de Proendos e Anllo Santo Estevo, onde hai algúns grupos de petróglifos máis complexos.

Os petróglifos do monte do Fabeiro encóntranse en dous puntos diferentes que distan entre si cerca de catrocentos metros. O conxunto de maiores dimensións pode verse nun penedo de entre 2,5 e tres metros de lonxitude. Os demais gravados están nunha rocha algo máis pequena. A uns cincocentos metros do conxunto principal está o chamado castro do Cotillón, un lugar rodeado de lendas populares. «Sobre ese sitio contábanse historias tradicionais acerca dunha moura que gardaba un tesouro e dicíase que debaixo da terra había unha trabe de ouro e outra de prata», explica Miguel Suárez, o veciño que localizou os gravados.

O feito de que estes gravados rupestres se encontren entre dúas parroquias podería indicar que en tempos foron tomados como punto de referencia para trazar a liña divisoria, en opinión de Gonzalo Meijide. «En moitos lugares de Galicia era habitual marcar os límites entre as parroquias tomando como referencia uns penedos cubertos de gravados ou unhas mámoas, porque eran elementos que se podían recoñecer facilmente na paisaxe, e non sería raro que estes petróglifos fosen tamén utilizados con esa intención», explica o arqueólogo.

Visitas: 519

TRANSLATE BY GOOGLE

Busca en Terrae Antiqvae

Recibe en tu correo los últimos artículos publicados en Terrae Antiqvae -Boletín Gratuito-

Enter your email:

Courtesy of FeedBurner

 

Donaciones

Terrae Antiqvae es una Red Social sin ánimo de lucro. Necesitamos tu apoyo para el mantenimiento del sitio. Apadrina esta Comunidad 

¡Gracias por tu ayuda!

Contacto con el editor:

Publicidad by Google

 

Lo más visto

Patrocinador: SMO Sistemas

Nuestro Canal de Vídeos en YouTube. ¡Suscríbete!

Síguenos en Redes Sociales: Facebook y Twitter

¡Gracias por visitarnos! ¡Bienvenid@!

Estadísticas desde 12 de noviembre de 2014.

Derechos de Autor:
Licencia de Creative Commons
Terrae Antiqvae® is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported License.

Información legal: Terrae Antiqvae® es Marca registrada por José Luis Santos Fernández. Marca nº 2.679.154 - Clase 41, Madrid, España. Reservados todos los Derechos. En Internet desde Julio de 2001.

Normas de la Comunidad (Aviso Legal):  Netiqueta - Términos de servicio

© 2024   Creado por José Luis Santos Fernández.   Tecnología de

Emblemas  |  Reportar un problema  |  Términos de servicio

Usamos cookies propias y de terceros que entre otras cosas recogen datos sobre sus hábitos de navegación para mostrarle publicidad personalizada y realizar análisis de uso de nuestro sitio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. OK Más información | Y más